Bota a andar o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial da UVigo

Tierr@_de_N@die: Entre as investigacións futuras do Centro atópase a "Smart-Energy" destinada a facilitar unha transición que faga fronte aos retos do cambio climático.

Creado para dar soporte e fomento aos labores de investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das tecnoloxías e procesos industriais, o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial forma parte dos denominados centros de apoio á investigación da Universidade de Vigo. Un total de 14 grupos de investigación dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enerxía de minas e da enerxía desenvolven o seu traballo no MTI e seis deses grupos acadaron a categoría de grupo de referencia competitiva e outros dous de grupo de potencial crecemento da Xunta de Galicia.

Fonte (www.gciencia.com): Bota a andar o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial da UVigo