O día con máis voos en avión da historia foi o pasado venres

Tierr@_de_N@die: Máis de 19000 avións volando ao mesmo tempo, isto aconteceu o pasado venres 29 de xuño e mostra unha tendencia preocupante da utilización dun medio de transporte que xoga un papel moi importante na xeneración de CO2 na atmósfera.

Non están todos os que son (este portal non rexistra os voos militares, por exemplo), pero si son todos os que están. Na pasada fin de semana, a web Flightradar24 publicou unha imaxe que está voando a toda velocidade polas redes sociais. Segundo os datos compilados por este portal, o pasado venres 29 de xuño foi o día con “maior ocupación dos ceos” desde que botou a andar a web. E, moi probablemente, o día con maior ocupación de avións na historia do planeta, debido ao rápido aumento do tráfico aéreo nos últimos anos.

Fonte (www.gciencia.com): O día con máis voos en avión da historia foi o pasado venres